Tuesday 14 de May de 2024

Nace o ‘Coworking Miño’, un espazo de traballo colaborativo situado na Casa do Pescador


• O Concello finalizou os traballos de adecuación e dotación de mobiliario para converter un espazo que se atopaba en desuso no Centro Municipal de Emprego, Emprendemento e Formación.

• A actuación tivo un orzamento de 100.000 euros e está financiada con fondos do GALP Golfo Ártabro Norte.

• Creáronse unha aula de formación básica e de cociña, sala de reunións e unha área de traballo colaborativo.

O Concello de Miño inaugurará proximamente o ‘Coworking Miño’, un espazo de traballo colaborativo situado na Casa do Pescador, onde se transformaron dúas plantas, que se atopaban en desuso, no novo Centro Municipal de Emprego, Emprendemento e Formación.

A actuación realizada, que contou cun orzamento de 100.000 euros e estivo financiada con fondos do GALP Golfo Ártabro Norte, consistiu na adecuación do espazo e a dotación de equipos informáticos e mobiliario específicos para o uso de cada unha das plantas intervidas.

A través destes traballos, o centro conta con novas dependencias que inclúen unha zona de formación básica e outra de cociña aproveitado instalacións preexistentes, unha sala de reunións, e un espazo de coworking para fomentar o traballo colaborativo e as iniciativas emprendedoras que queiran desenvolver a súa actividade no municipio.

Desde o goberno local sinalan a importancia ‘de poder contar cun centro que potencie ao máximo cuestións tan importantes para ou noso desenvolvemento local como a creación de emprego a través do emprendemento e ou traballo colaborativo, por unha banda, e a formación profesional e de calquer outro tipo’ e celebran a cooperación institucional para ‘converter un espazo infrautilizado nun espazo de interese para a nosa veciñanza’.